Onte día 9 de abril tivemos coñecemento polos medios de comunicación, do falecemento do economista, académico e humanista Jose Luís Sampedro.
Sampedro ensinounos que outra economía e outro mundo é posible. Ademais foi un gran defensor da especialidade de economía en secundaria.
Aquí vos deixamos algunhas reseñas sobre o seu falecemento dos compañeiros das demais asociacións españolas.
O Consejo General de Colegios de Economistas de España, a través da Organización de Economistas de la Educación, OEE-CGCEE, elaborou un informe co que se pretende chamar a atención sobre a necesidade de que o ensino da economía na educación non universitaria teña unha maior presenza.
No informe recóllense tódalas propostas que CEAPES presentara no seu documento sobre a situación da especialidade de Economía ante o anteproxecto LOMCE e que se entregou en Madrid aos representantes da OEE na reunión do 28 de decembro de 2012.
Desde AGAEDES agradecemos ao Consejo General de Economistas, e especialmente ao seu presidente, don Luís Caramés, o seu apoio e implicación en defensa da nosa especialidade.
![]() |
5 de decembro. Reunión no Ministerio de Educación (Madrid). Por parte da asociación da olimpiada de economía, a súa presidenta Mariluz Marco, profesora de economía da Universidade de Valencia, tamén os profesores/as dona Amelia Perez, e Sergio Marí
Por parte da administración, "Director General de evaluación y cooperación territorial", D. Alfonso González Hermoso de Mendoza. e a "Directora del Centro nacional de Innovación e Investigación Educativa", Dona María Rodríguez Moneo. Tiveran unha reunión preparatoria coa presidenta de CEAPES
Desde o Ministerio aseguraron que os cambios que se podan producir no futuro no van a afectar ás materias de economía, e que éstas non se usarán como "moeda de cambio" para mellorar a outras que puideran quedar perxudicadas. En segundo lugar, precisaron que, respecto ás materias específicas, váiselles dar flexibilidade ás Comunidades Autónomas e/ou centros educativos en canto ás materias a cursar, horarios e currículos. Desde o Ministerio só se establecerán uns estándares mínimos |
| O mércores 28 de novembro, a presidenta de CEAPES, entrevístase en Madrid co presidente da OEE, para coordinar actuacións, e preparar futuras actuacións ante o Ministerio. | |
| Ceapes diríxese aos grupos políticos de representación parlamentaria: PP, PSOE, IU, UPyD, e CIU, para explicarlles a situación da economía coa LOMCE. Só se obtivo resposta de IU e UPyD. | |
| Ceapes solicita unha reunión no Ministerio. Aínda non se obtivo resposta | |
| Logo da reunión do 24 de outubro, os decanos dos Colexios de Economistas de toda España, recibiron instruccións para solicitar reunións nas diferentes Consellerías de Educación. | |
![]() |
12 de novembro. Reunión no Ministerio de Educación (Madrid). Por parte da CONFEDE "Conferencia Española de Decanos de Economía y Empresa", D. Carlos Javier Rodríguez Fuentes, Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Laguna. A Vicepresidenta Dª Ana Mª López García, Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade Autónoma de Madrid. Por parte do Ministerio, o "Director General de Política Universitaria", D. Jorge Sainz González (profesor de economía, e ademais unha das persoas que redactaron a LOMCE) Logo de que a presidenta de CEAPES asistira recentemente á reunión anual da CONFEDE en Santander, para informalos detalladamente documento da reunión da situación da especialidade de economía logo da LOMCE, o presidente da CONFEDE comprometeuse a facer circular o documento entre tódolos decanos de España, e a tratar o tema na próxima reunión co Ministerio. Nela os decanos fixeron unha decidida defensa da economía na secundaria. Resumo da reunión. Acta oficial da reunión |
|
24 de outubro. Reunión no Ministerio de Educación (Madrid). Por parte dos colexios de economistas, o presidente do "Consejo General de Colegios de Economistas de España", Don Valentí Pitch Rosell, e o presidente da Organización Economistas para la Educación, Don Luís Caramés Viéitez. Por parte da administración, a "Subdirectora General de Ordenación académica", Dona Mª José Fabre González, e o "Director General de evaluación y cooperación territorial", D. Alfonso González Hermoso de Mendoza. (Son os responsables da ordenación académica básica do ensino non universitario). Os colexios de economistas expresáronlle a nosa preocupación fronte ao anteproxecto que publicara o Ministerio. A OEE elabora un informe que entrega na súa reunión cos altos cargos do Ministerio. A contestación da Directora Xeral non puido ser máis desalentadora. |
Celebrada a asemblea ordinaria de AGAEDES o pasado sábado 24 de novembro, podedes aceder aos contidos do tratado na reunión, a través da acta, que podedes descargar AQUÍ.
Recordade que segundo o acordao, a cota da asociación xa podedes facela efectiva mediante ingreso de 30 euros, na seguinte conta (cambiaron algúns díxitos logo da fusión e transformación) :
|
O pago da cota farase a través da conta nº |
2080 |
0402 |
01 |
3040027664 |
|
|
de Novagalicia Banco (urbana 2) de Ourense |
Rúa Hervedelo, 52 (32002 Ourense) |
||||
|
TITULAR: Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria |
|||||
O próximo 12 de novembro a CONFEDE ten reunión co MEC para entregar o seu manifesto e defender as nosas posturas ante a LOMCE Logo das cartas enviadas solicitando apoios, a presidenta de CEAPES, Silvia Martínez, é invitada a asistir á reunión anual da CONFEDE (Conferencia Española de Decanos de Economía y Empresa), celebrada os días 25 e 26 de outubro en Santander, para explicar cómo quedaría a situación da especilidade de economía en secundaria logo da aplicación da LOMCE. A viaxe é sufragada polas asociacións. A CONFEDE adopta as seguintes decisións: MANIFESTO Mª Luz Marco, coordinadora das Olimpiadas Nacionais de Economía coméntanos que teñen unha asociación, e que tamén nos apoian. Elaboraron un texto, e ademais solicitaron cita ao ministro. Unha vez coñecido o proxecto LOMCE, acudimos a buscar apoios en primeiro lugar ao organismo que máis axuda nos leva prestado, a OEE (Organización de Economistas para la Educación), dependente do "Consejo General de colegios de economistas de España". Escribimos varias cartas ao seu presidente Luís Caramés, buscando apoios e unha entrevista co Ministerio. A OEE elaborou un INFORME e finalmente esa reunión celebrouse, e puideron entregarlle ese documento (dossier prensa) Consejo General del Colegio de Economistas
1.-
2.-
3.-
4.-
5.-
Apoio de José Antonio Martínez, presidente de FEDADi (Federación de Asociacións de Directores de Centros Educativos Públicos) e membro permanente do Consello Escolar do Estado.
6.-
Informe de ANCABA (Asociación Nacional de Catedráticos de Instituto) no que defende o mantemento de Economía como materia de modalidade (páxina 4)
7.-
A Xunta de Andalucía elabora un Documento de Propostas alternativas ao Anteproxecto da LOMCE, e os compañeiros da asociación andaluza conseguiron unha referencia á nosa especialidade na súa páxina 3
8.-
Mención de marea verde, se supón implícito o apoio
Agaedes como membro de Ceapes está a colaborar nas accións, que estamos a realizar tódalas asociacións confederadas ante a publicación do anteproxecto LOMCE, co obxectivo de modificar a redacción do mesmo, e defender a continuidade das materias de economía no ensino secundario.
Desde o momento en que o Ministerio de Educación publicou o anteproxecto de lei, CEAPES elaborou unha proposta ao Ministerio para que rectificase na súa clara intención de eliminar o coñecemento económico no ensino secundario. Este documento foi divulgado, en diferentes medios e ámbitos:
A dirección de CEAPES envía o documento ao Ministerio de Educación, ..... coa seguinte resposta: "Muchas gracias por su colaboración, que hacemos llegar al equipo encargado de la elaboración del anteproyecto de ley orgánica para la mejora de la calidad educativa. En la página web del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte iremos publicando periódicamente avances y nuevos documentos relacionados con este proyecto normativo.
Un cordial saludo,
-
Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte"... en definitiva... "O goberno segue a lexislar sen ter en conta a comunidade educativa". En vista desta decepcionante resposta
- CEAPES contacta co presidente da CONFEDE (Confederación de Decanos de Economia), informando de cómo ía quedar a especialidade de economía en secundaria unha vez, manifestando o noso descontento. O presidente comprometeuse a facer circular o documento entre tódolos decanos de España, e concede a CEAPES unha ponencia na reunión que tivo lugar o 26 de outubro, en Santander. A esta reunión asistiu a presidenta de CEAPES, Silvia Martínez. O obxetivo foi recoller nun manifesto de adhesión o documento antes de levalo á reunión co Ministerio.
- Asemase CEAPES fala con Luís Caramés, presidente da OEE (Organismo de Economistas para a Educación, que pertence ao Consello Xeral de Colexios de Economistas) para expresarlle a nosa preocupación fronte ao anteproxecto que publicara o Ministerio. A OEE elabora un informe que entrega na súa reunión con altos cargos do Ministerio. Desde CEAPES queremos agradecer o respaldo que a OEE, e o seu presidente Luís Caramés, sempre tiveron co profesorado de secundaria.
- CEAPES remitiu o seu texto aos partidos políticos na oposición (IU, UPyD, e algúns deputados do PSOE).
- Desde CEAPES temos remitidas xa dúas cartas para que nos reciban no MEC
- Moitas asociaciones confederadas divulgaron o documento nos diferentes medios de comunicación (TV, radios e periódicos dixitais e no papel), así como órganos educativos, facultades, sindicatos, etc.

- Seguiremos informando.
Como moitos de vos sabedes, a AGAEDES foi unha das cinco asociacións de profesorado de economía españolas que fundaron CEAPES (Confederación Española de Asociacións de Profesorado de Economía en Secundaria).
Xunto a nós asociáronse os compañeiros extremeños, andaluces, cataláns e valencianos. Hai pouco máis dun ano incorporáronse os compañeiros murcianos
CEAPES nestes momentos está a desempeñar un papel fundamental, debido a que é quén nos está a representar perante as institucións estatais, ante a inminente chegada da LOMCE.
Desde a súa constitución tentamos facer que máis Comunidades se incorporaran, e parece que os esforzos van dando os seus froitos. Acabámonos de enterar que asociacións de cinco comunidades máis van presentar a solicitude de incorporación a CEAPES: Aragón, Castela León, Cantabria, Madrid, Baleares, Cantabria, A Rioxa e Castela a Mancha.
Só quedan por ter asociación: Euskadi, Navarra, Asturias e Canarias
¡¡¡Xa somos trece!!!
Mapa coa representatividade de CEAPES









