Ás 12:30 deu comezo a reunión co  “Director General de Política Educativa”, Alfonso González Hermoso de Mendoza, acompañado do “Jefe de Gabinete de la Secretaria de Estado”, Tomás Fraile Santos, ademais incorporáronse a “Subdirectora General de Ordenación Académica”, Mª José Fabre González e un técnico.

Empeza a reunión e os nosos representantes expoñen o tema. Dentro dun ambiente correcto, os representantes do ministerio expoñen que non teñen nada que ver co asunto, que está en trámite parlamentario e agora lle toca ao grupo popular no Congreso e o Senado. Tampouco se posicionan sobre o que se lle expuxo. Comentan que entenden as nosas peticións e se comprometen a transmitilas aos parlamentarios.

Aproveitouse para entregarlles os curriculumns elaborados, cousa que agradecen.

Saen da reunión e van ao Congreso para falar con diputados do PP encargados de educación, que informan que entre a proposta que nós defendemos é a que máis posibilidades ten de saír como definitiva, é dicir os alumnos elixen entre Matemáticas ou Latín como obrigatoria e o resto de materias (dúas) a elexir.

Tamén nos conseguiron cita co senador que lidera a comisión de educación.

Os Decanos de Matemáticas van a sacar un manifesto similar ao que fixo a CONFEDE e vanse poñer en contacto co “Director General de Universidades” para seguir coas xestións.

Tamén van contactar cos decanos de Dereito para que apoien de forma parecida.