O pasado 10 de xuño celebrouse unha reunión do REDI na Facultade de CC económicas de Santiago, á que asistiu como convidado o presidente de AGAEDES.

O REDI é o Rexistro de Economistas Docentes, dependente do Consello Xeral de Economistas de España. Trátase do organismo que substituíu á Organización de Economistas da Educación.

Juan Carlos De Margarida decano do Colexio de Economistas de Valladolid é o seu novo presidente, e representa a máis de 20.000 docentes de economía de tódolos niveis educativos.

Na reunión estiveron presentes, ademais do presidente do REDI, tódolos decanos de facultades e escolas de economía galegas, e outros representantes de asociacións e organizacións relacionados coa docencia da economía.

Na reunión AGAEDES fixo un repaso aos cambios que vai supoñer a entrada da LOMCE en Galicia, no que se refire ao ensino da economía. Fixemos especial fincapé nos aspectos negativos, como é a imposibilidade de cursar as materias de economía polo alumnado do bacharelato de ciencias, e a perda da materia de emprendemento en 3º de ESO.

Solicitamos dos decanos/as o seu decidido apoio fronte á Consellerá de educación neste tema, facéndolle ver as implicacións que van supoñer para os seus centros este cambio na normativa.

Tódolos colectivos (como é habitual) manifestáronnos o seu apoio, especialmente os decanos/as, e estamos preparando un escrito conxunto, para remitir á Consellería, ademais doutros contactos que están en marcha.

Seguiremos informando

Nestas datas os centros de secundaria recibiron o borrador do “Anteproxecto de Decreto que desenvolverá o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia”.

Unha vez analizado o mesmo, detallamos os seus aspectos positivos e negativos, no que á formación económica do alumnado de secundaria se refire:

 

Aspectos positivos

 Amplíanse as materias de economía en secundaria, coa incorporación de:

  • Economía” en 4º de ESO con tres horas semanais
  • Fundamentos de administración e xestión” como optativa en 2º de bacharelato con tres horas semanais.

 

Aspectos negativos

Só queda recollida unha materia de emprendemento en 4º de ESOIniciación á actividade emprendedora e empresarial”, que só poderán cursar aqueles alumnos que escollan a vía de “ensinanzas aplicadas”, que é a que os prepara para realizar estudos de formación profesional. O alumnado que curse a vía de “ensinanzas académicas”, é dicir, a que cursarán aqueles que teñen intención de realizar estudos de bacharelato, quedaranse sen cursar ningunha materia de emprendemento.

Realmente a LOMCE da a posibilidade de que as Comunidades autónomas ofrezan materias de emprendemento nos cursos de 1º, 2º e 3º de ESO, pero a nosa Consellería non considerou ningunha destas opcións.

Desde o noso punto de vista temos que sinalar que isto non ten moito sentido, porque tódolos alumnos que chegan á Formación profesional, xa cursan obrigatoriamente a materia “Empresa e iniciativa emprendedora”. Debera pois ser máis ben unha materia de oferta obrigada para o alumnado que vai estudar bacharelato.

No novo bacharelato LOMCE se clasifican as materias en tres clases: “Troncais”, “Troncais de opción” e “Específicas”. A materia de “Economía” de 1º de bacharelato, e “Economía da empresa” de 2º de bacharelato quedan clasificadas como “Troncais de opción” (Está detallado nas táboas das páxinas 911 e 912 do documento do decreto). Son as que levan os dous asteriscos.

Hai materias troncais de opción como bioloxía e xeoloxía, debuxo técnico ou física e química, que se ofrecen só no bacharelato de ciencias porque non tería moito sentido ofrecelas noutros bacharelatos. O mesmo pasa con cultura audiovisual no bacharelato de artes.

Outras materias troncais de opción como "Historia do mundo contemporáneo", "Literatura universal" ou "Historia da arte", ofrécense para poder ser escollidas en dúas modalidades de bacharelato diferentes. Sen embargo a "Economía" de 1º, e a "Economía da empresa" de 2º, só poderán ser cursadas polo alumnado de humanidades e ciencias sociais, e nunca polo de ciencias, como viña ocorrendo ata o de agora en moitos centros.

Na anterior normativa isto non sucedía, e nos borradores que foron saíndo no último mes doutras Comunidades tampouco. Debido a que estas materias sempre foron moi atractivas no bacharelato de ciencias:

  • Un alumno que estudie unha enxeñería, vai ter na súa carreira materias de economía da empresa.
  • Un alumno que queira estudar un grao en economía ou en administración de empresas nunca vai chegar á universidade cun nivel adecuado en matemáticas.

Abriron un prazo moi pequeno de tempo para facer alegacións, e AGAEDES realizou as súas, pero non as consideraron, polo que remitimos toda esta información aos decanos das facultades de economía e empresa, para que poidan reclamar pola súa conta.

O 10 de xuño reunirémonos con representantes dos colexios de economistas para buscar tamén o seu apoio.

As previsións son que saia o documento definitivo no DOGA no mes de xullo.

Ven de darse publicidade nos medios de comunicacións ao borrador de traballo do novo "Decreto de especialidades docentes" en secundaria.

Trátase da normativa que recolle a adscrición das especialidades ás materias que se deben impartir en secundaria.

Os nosos temores sobre o tema eran fundados, debido a que se trata dun decreto continuísta no que se refire á atribución docente da nosa especialidade, con respecto ao que xa existía. Ademais introduce elementos moi preocupentes no que se refire á impartición de materias afíns.

Postos en contacto as diferentes asociacións que integramos CEAPES, acordamos enviar escritos de protesta ao ministerio de educación, desde as diferentes asociacións. Este é o borrador do noso escrito (consensuado coas demais asociacións)

ACTUACIÓNS DOS SINDICATOS

O pasado 6 de novembro realizouse unha reunión dos sindicatos con representantes do Ministerio de educación, para tratar este tema, e na mesma trasladáronlle o malestar entre os docentes pola posibilidade de poder impartir materias diferentes ás propias da súa especialidade

A valoración dos sindicatos foi que eran especialmente preocupantes os artigos 3 e 4 do Proxecto polos que se poderá obrigar ao profesorado a impartir materias afíns completamente alleas á formación académica e docente da súa especialidade. O texto introduce elementos que desregulan a profesión docente en canto a especialidades: “... cuando las necesidades de un centro así lo requieran, se podrán asignar otras materias distintas de las citadas por el Real Decreto a personal funcionario de una determinada especialidad con la cualificación académica o la experiencia docente necesaria”, algo considerado moi preocupante.

Emprazaron aos sindicatos ao 26 de novembro para presentar enmendas

NOVAS NA PRENSA SOBRE O TEMA:

Declaracións_do_Conselleiro

Nova_no_diario_El_Mundo

Nova_no_diario_El_País

O 29 de xuño a Consellería de Educación deu publicidade na súa páxina web ao “Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato en Galicia”.

Unha vez analizado o mesmo, e as diferenzas co borrador do mesmo que se remitira anteriormente aos centros educativos, destacamos o seguinte:

 

Aspectos positivos

Logo da reclamación de AGAEDES e os decanos das facultades de economía e empresa, eliminouse a imposibilidade establecida no anterior borrador de que o alumnado do bacharelato de ciencias poda escoller as materias de “Economía" ou "Economía da empresa” en 1º e 2º de bacharelato como materias específicas.

Esta posibilidade víñase exercendo en moitos centros coa anterior normativa (LOE).

AGAEDES elaborou un escrito para que o profesorado que o desexe o presente nos seu centro, reclamando esta posibilidade. Tamén informou desta posibilidade a tódolos directores/as dos centros galegos.

A posibilidade de que os centros poidan ofertar a materia "Educación financeira" en 1º de ESO

 

Aspectos negativos

Fuinalmente só queda recollida unha materia de emprendemento en 4º de ESOIniciación á actividade emprendedora e empresarial”, que só poderán cursar aqueles alumnos que escollan a vía de “ensinanzas aplicadas”, que é a que os prepara para realizar estudos de formación profesional. O alumnado que curse a vía de “ensinanzas académicas”, é dicir, a que cursarán aqueles que teñen intención de realizar estudos de bacharelato, quedaranse sen cursar ningunha materia de emprendemento.

No transcurso das negociacións, CEAPES entregou a representantes do Ministerio en Madrid, unha proposta de currículums (que incluía unha materia de educación financeira). Publicada a LOMCE no BOE, o Ministerio publicou uns borradores das materias LOMCE, que servirán de base para elaborar o decreto de mínimos. Estes borradores non recolleron as nosas propostas.

Aquí os tedes:

Olimpiada de economía

Contador de visitas

189577
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
4
34
202
189109
720
999
189577

Your IP: 54.90.86.231
Server Time: 2019-04-20 09:19:12

Quén está en liña

Temos 2 anónimos e ningún membro en liña

Manifestos de organismos