Xa foi publicada a LOMCE no BOE. Podedes consultar o texto completo no seguinte Enlace Tede en conta que se trata dun ficheiro grande e tarda un pouco en descargar

O xoves 21 de novembro foi aprobada a LOMCE cos votos a favor só do Partido Popular.

Todos coñecemos que hai un acordo expreso por tódolos partidos políticos para derogala en canto cambie o goberno. Non sabemos pois se a LOMCE terá unha vida longa ou non. Pero afortunadamente para a nosa especialidade, e para o sistema en xeral, o texto definitivo aprobado cambiou con respecto ao borrador inicial. Naquel borrador os Bacharelatos de Humanidades e CC. Sociais fundíanse, e se impoñía o latín como materia troncal obrigatoria, mentres que se relegaba ás Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais a materia opcional.

O texto final aprobado coincide coa principal proposta de CEAPEs presentada no Congreso e no Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, que foi transmitida nas reunións realizadas en Madrid, en outubro, polos nosos compañeiros/as. Do mesmo xeito, recóllense as suxestións feitas polas asociacións de matemáticas e economía que foron expostas nos medios de comunicación nunha conferencia de prensa o 11 de novembro , que se concretou nunha declaración de que tivo ampla cobertura nos medios de comunicación e que fomos recollendo nesta web, hasta o mesmo día da votación no Senado.

Desde AGAEDES agradecemos o traballo de todas as persoas e institucións que colaboraron, destacando o papel do Comité Español de Matemáticas (CEMAT), a conferencia de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE), o Rexistro de Economistas Docentes e Investigadores (Redi), a Asociación da Olimpíada de Economía, e as nosas propias asociacións. Tamén queremos facer unha mención especial ao traballo desenvolvido por Raquel Mallavibarrena Martínez de Castro, presidenta da Comisión de Educación da CEMAT.

O diario "El Mundo", fíxose eco da unificación dos dous bacharelatos. Documento

E tamén este artigo

Iniciouse unha recollida de sinaturas en change.org para pedir aos grupos parlamentarios do senado que modifiquen a LOMCE para mellorar a formación matemática dos futuros profesionais das ciencias sociais

Finalmente os políticos recapacitaron e semella que o noso bacharelato non quedará tan unificado, e haberá dúas vías. Deixámosvos un Artigo do xornal "El País" onde se explica todo.

Felicitamos a tódolos profesores/as das diferentes asociacións que colaboraron con CEAPES, asistindo ás innumerables reunións en Madrid, tanto no Ministerio coma no Parlamento e Senado, para defender as nosas posturas.

Olimpiada de economía

Contador de visitas

190575
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
77
13
178
190230
643
1075
190575

Your IP: 54.226.4.91
Server Time: 2019-05-23 22:07:01

Quén está en liña

Temos 27 anónimos e ningún membro en liña

Manifestos de organismos