O xoves 21 de novembro foi aprobada a LOMCE cos votos a favor só do Partido Popular.
Todos coñecemos que hai un acordo expreso por tódolos partidos políticos para derogala en canto cambie o goberno. Non sabemos pois se a LOMCE terá unha vida longa ou non. Pero afortunadamente para a nosa especialidade, e para o sistema en xeral, o texto definitivo aprobado cambiou con respecto ao borrador inicial. Naquel borrador os Bacharelatos de Humanidades e CC. Sociais fundíanse, e se impoñía o latín como materia troncal obrigatoria, mentres que se relegaba ás Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais a materia opcional.
O texto final aprobado coincide coa principal proposta de CEAPEs presentada no Congreso e no Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, que foi transmitida nas reunións realizadas en Madrid, en outubro, polos nosos compañeiros/as. Do mesmo xeito, recóllense as suxestións feitas polas asociacións de matemáticas e economía que foron expostas nos medios de comunicación nunha conferencia de prensa o 11 de novembro , que se concretou nunha declaración de que tivo ampla cobertura nos medios de comunicación e que fomos recollendo nesta web, hasta o mesmo día da votación no Senado.
Desde AGAEDES agradecemos o traballo de todas as persoas e institucións que colaboraron, destacando o papel do Comité Español de Matemáticas (CEMAT), a conferencia de Decanos de Economía e Empresa (CONFEDE), o Rexistro de Economistas Docentes e Investigadores (Redi), a Asociación da Olimpíada de Economía, e as nosas propias asociacións. Tamén queremos facer unha mención especial ao traballo desenvolvido por Raquel Mallavibarrena Martínez de Castro, presidenta da Comisión de Educación da CEMAT.