Nestas datas os centros de secundaria recibiron o borrador do “Anteproxecto de Decreto que desenvolverá o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia”.

Unha vez analizado o mesmo, detallamos os seus aspectos positivos e negativos, no que á formación económica do alumnado de secundaria se refire:

 

Aspectos positivos

 Amplíanse as materias de economía en secundaria, coa incorporación de:

  • Economía” en 4º de ESO con tres horas semanais
  • Fundamentos de administración e xestión” como optativa en 2º de bacharelato con tres horas semanais.

 

Aspectos negativos

Só queda recollida unha materia de emprendemento en 4º de ESOIniciación á actividade emprendedora e empresarial”, que só poderán cursar aqueles alumnos que escollan a vía de “ensinanzas aplicadas”, que é a que os prepara para realizar estudos de formación profesional. O alumnado que curse a vía de “ensinanzas académicas”, é dicir, a que cursarán aqueles que teñen intención de realizar estudos de bacharelato, quedaranse sen cursar ningunha materia de emprendemento.

Realmente a LOMCE da a posibilidade de que as Comunidades autónomas ofrezan materias de emprendemento nos cursos de 1º, 2º e 3º de ESO, pero a nosa Consellería non considerou ningunha destas opcións.

Desde o noso punto de vista temos que sinalar que isto non ten moito sentido, porque tódolos alumnos que chegan á Formación profesional, xa cursan obrigatoriamente a materia “Empresa e iniciativa emprendedora”. Debera pois ser máis ben unha materia de oferta obrigada para o alumnado que vai estudar bacharelato.

No novo bacharelato LOMCE se clasifican as materias en tres clases: “Troncais”, “Troncais de opción” e “Específicas”. A materia de “Economía” de 1º de bacharelato, e “Economía da empresa” de 2º de bacharelato quedan clasificadas como “Troncais de opción” (Está detallado nas táboas das páxinas 911 e 912 do documento do decreto). Son as que levan os dous asteriscos.

Hai materias troncais de opción como bioloxía e xeoloxía, debuxo técnico ou física e química, que se ofrecen só no bacharelato de ciencias porque non tería moito sentido ofrecelas noutros bacharelatos. O mesmo pasa con cultura audiovisual no bacharelato de artes.

Outras materias troncais de opción como "Historia do mundo contemporáneo", "Literatura universal" ou "Historia da arte", ofrécense para poder ser escollidas en dúas modalidades de bacharelato diferentes. Sen embargo a "Economía" de 1º, e a "Economía da empresa" de 2º, só poderán ser cursadas polo alumnado de humanidades e ciencias sociais, e nunca polo de ciencias, como viña ocorrendo ata o de agora en moitos centros.

Na anterior normativa isto non sucedía, e nos borradores que foron saíndo no último mes doutras Comunidades tampouco. Debido a que estas materias sempre foron moi atractivas no bacharelato de ciencias:

  • Un alumno que estudie unha enxeñería, vai ter na súa carreira materias de economía da empresa.
  • Un alumno que queira estudar un grao en economía ou en administración de empresas nunca vai chegar á universidade cun nivel adecuado en matemáticas.

Abriron un prazo moi pequeno de tempo para facer alegacións, e AGAEDES realizou as súas, pero non as consideraron, polo que remitimos toda esta información aos decanos das facultades de economía e empresa, para que poidan reclamar pola súa conta.

O 10 de xuño reunirémonos con representantes dos colexios de economistas para buscar tamén o seu apoio.

As previsións son que saia o documento definitivo no DOGA no mes de xullo.

Olimpiada de economía

Contador de visitas

162173
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
42
18
350
161585
1048
1491
162173

Your IP: 54.146.5.43
Server Time: 2017-06-25 01:55:52

Quén está en liña

Temos 42 anónimos e ningún membro en liña

Manifestos de organismos