O 29 de xuño a Consellería de Educación deu publicidade na súa páxina web ao “Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato en Galicia”.
Unha vez analizado o mesmo, e as diferenzas co borrador do mesmo que se remitira anteriormente aos centros educativos, destacamos o seguinte:
Aspectos positivos
Logo da reclamación de AGAEDES e os decanos das facultades de economía e empresa, eliminouse a imposibilidade establecida no anterior borrador de que o alumnado do bacharelato de ciencias poda escoller as materias de “Economía" ou "Economía da empresa” en 1º e 2º de bacharelato como materias específicas.
Esta posibilidade víñase exercendo en moitos centros coa anterior normativa (LOE).
AGAEDES elaborou un escrito para que o profesorado que o desexe o presente nos seu centro, reclamando esta posibilidade. Tamén informou desta posibilidade a tódolos directores/as dos centros galegos.
A posibilidade de que os centros poidan ofertar a materia "Educación financeira" en 1º de ESO
Aspectos negativos
Fuinalmente só queda recollida unha materia de emprendemento en 4º de ESO “Iniciación á actividade emprendedora e empresarial”, que só poderán cursar aqueles alumnos que escollan a vía de “ensinanzas aplicadas”, que é a que os prepara para realizar estudos de formación profesional. O alumnado que curse a vía de “ensinanzas académicas”, é dicir, a que cursarán aqueles que teñen intención de realizar estudos de bacharelato, quedaranse sen cursar ningunha materia de emprendemento.