![]() |
5 de decembro. Reunión no Ministerio de Educación (Madrid). Por parte da asociación da olimpiada de economía, a súa presidenta Mariluz Marco, profesora de economía da Universidade de Valencia, tamén os profesores/as dona Amelia Perez, e Sergio Marí
Por parte da administración, "Director General de evaluación y cooperación territorial", D. Alfonso González Hermoso de Mendoza. e a "Directora del Centro nacional de Innovación e Investigación Educativa", Dona María Rodríguez Moneo. Tiveran unha reunión preparatoria coa presidenta de CEAPES
Desde o Ministerio aseguraron que os cambios que se podan producir no futuro no van a afectar ás materias de economía, e que éstas non se usarán como "moeda de cambio" para mellorar a outras que puideran quedar perxudicadas. En segundo lugar, precisaron que, respecto ás materias específicas, váiselles dar flexibilidade ás Comunidades Autónomas e/ou centros educativos en canto ás materias a cursar, horarios e currículos. Desde o Ministerio só se establecerán uns estándares mínimos |
O mércores 28 de novembro, a presidenta de CEAPES, entrevístase en Madrid co presidente da OEE, para coordinar actuacións, e preparar futuras actuacións ante o Ministerio. | |
Ceapes diríxese aos grupos políticos de representación parlamentaria: PP, PSOE, IU, UPyD, e CIU, para explicarlles a situación da economía coa LOMCE. Só se obtivo resposta de IU e UPyD. | |
Ceapes solicita unha reunión no Ministerio. Aínda non se obtivo resposta | |
Logo da reunión do 24 de outubro, os decanos dos Colexios de Economistas de toda España, recibiron instruccións para solicitar reunións nas diferentes Consellerías de Educación. | |
![]() |
12 de novembro. Reunión no Ministerio de Educación (Madrid). Por parte da CONFEDE "Conferencia Española de Decanos de Economía y Empresa", D. Carlos Javier Rodríguez Fuentes, Decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Laguna. A Vicepresidenta Dª Ana Mª López García, Decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade Autónoma de Madrid. Por parte do Ministerio, o "Director General de Política Universitaria", D. Jorge Sainz González (profesor de economía, e ademais unha das persoas que redactaron a LOMCE) Logo de que a presidenta de CEAPES asistira recentemente á reunión anual da CONFEDE en Santander, para informalos detalladamente documento da reunión da situación da especialidade de economía logo da LOMCE, o presidente da CONFEDE comprometeuse a facer circular o documento entre tódolos decanos de España, e a tratar o tema na próxima reunión co Ministerio. Nela os decanos fixeron unha decidida defensa da economía na secundaria. Resumo da reunión. Acta oficial da reunión |
![]() |
24 de outubro. Reunión no Ministerio de Educación (Madrid). Por parte dos colexios de economistas, o presidente do "Consejo General de Colegios de Economistas de España", Don Valentí Pitch Rosell, e o presidente da Organización Economistas para la Educación, Don Luís Caramés Viéitez. Por parte da administración, a "Subdirectora General de Ordenación académica", Dona Mª José Fabre González, e o "Director General de evaluación y cooperación territorial", D. Alfonso González Hermoso de Mendoza. (Son os responsables da ordenación académica básica do ensino non universitario). Os colexios de economistas expresáronlle a nosa preocupación fronte ao anteproxecto que publicara o Ministerio. A OEE elabora un informe que entrega na súa reunión cos altos cargos do Ministerio. A contestación da Directora Xeral non puido ser máis desalentadora. |