O club de Lectura envolto en temas policiais

  

Empezamos!!! Novela negra e policíaca.

 

O luns, día e de outubro desapareceu do Instituto un cadro moi valioso. Os feitos sucederon despois do horario lectivo. Por tal motivo, saímos en primeira páxina na Voz de Galicia. Á primeira hora da mañán veu a policía acordonar a zona, despois pasou polas aulas facendo moitas preguntas na pescuda do ladrón.

Os alumnos de 3º da ESO, aproveitaron a circunstancia e fixeron unha performance policial. Afirmaron que estaban metidos no tema porque parece ser que xa empezaron a ler as novelas que repartiu o Club de Lectura, policíacas, policíacas,pero que super-policíacas, e son:

 

“Divina de la muerte”, JORGE EMILIO BÓVEDA

“Sete caveiras”, LAURA GALLEGO

“Liquidación final, PETROS MARKARIS.

 

A partir de agora, dixo a poli que lle tiñamos que axudar a buscar o cadro. Estade pendientes do taboleiro do Club de Lectura. Irán aparecendo pistas importantes. Quen colabore coas autoridades e descubra o roubo, será compensado xenerosamente.

Ánimo! A buscar pistas!

 

EMPEZAMOS!!!

Fotos da presentación do club de lectura