Misterioso roubo na Laboral

O martes 7 de outubro nada máis chegar ao centro sorprendémonos coa lutuosa nova da desaparición do cadro que decoraba a entrada no noso centro. No seu lugar, os "cacos" deixaron un cartel cun interrogante, ao estilo das mellores novelas negras. Semella que os autores buscan que todos nos esforcemos en buscalo a partir de agora.

Tratábase dun valioso cadro que representaba o escudo de Ourense, como recolleu o xornal "La Voz de Galicia" ese mesmo día, na súa portada.

Coñecida a noticia puxémonos mans á obra para recoller tódalas impresións sobre estes feitos.

Un dos conserxes comentounos "creo que antes da entrada das clases o persoal de limpeza atopou unhas manchas de sangue; ao mellor é dun dos ladróns"

O señor director pola súa parte indicounos que "algúns pensan que o cadro non tiña valor, pero eu coñecín ao pintor, e creo que hasta ten unha praza dedicada aí abaixo".

Unha profesora de galego que nos axudou a redactar este artigo comentou que por favor explicáramos o significado do termo lutuoso (que produce unha fonda tristura).

A media mañá desprazáronse ao centro efectivos da policía local, para tomar declaracións e facer as primeiras investigacións. Estiveron nas aulas de 1º de ESO, 3º B, 4º A, 2º Bacharelato C, e na Formación profesional básica, pero nada. Uns acusaban aos outros, pero ningunha proba seria polo de agora.

Eso sí, entre outras cousas comentáronlle aos alumnos de ESO, que non se lles ocorrera faltar a clase sen permiso dos pais, porque van vixiar especialmente o noso IES este curso escolar.

Un antigo alumno que estaba naquel momento de visita no centro declarou "a moitos non lle gustaba esta obra. ¡Non sei por qué!... Era ben fermosa. E se non a queren lévoa eu para a casa". O xefe de estudos apresurouse a dicirlle que de iso nada, que como moito faremos litografías cando o atopemos, para quen queira unha copia.

Seguiremos informando nos próximos días de como avanzan as investigacións.