Encontros con escritores

O primeiro foi en Santiago, con Pedro Feijóo, o autor da "Memoria da choiva" (lectura feita en primeiro de bacharelato). Fixemos unha xincana pola cidade do Apóstolo, recorrendo os lugares do crime. Ao final rematamos no pub "Modus vivendi" falando co novelista. Case que non hai palabras para definir esta experiencia. A cordialidade do escritor, a convivencia co CPI de Cerceda (compartimos viaxe), a maxia do día, a novela camiñando ao noso lado... ninguén sería capaz de pedir máis cousas.

Nesta mesma excursión visitamos a casa museo de Rosalía en Padrón e as Torres de Catoira, lugares tamén moi importantes da novela.

Parabéns aos alumnos polo seu bo facer.

GALERÍA FOTOGRÁFICA DA VIAXE

Encantounos a todos a novela e a viaxe.

 

O segundo encontro foi con Jorge Emilio Bóveda, autor de "Divina de la muerte", novela que leron oas alumnos de primeiro de de degundo da ESO. Veu ao instituto o día 24 de abril.

Falounos da novela negra, comentamos a súa obra lida e presentounos a súa continuación  "A morte vén en chancletas". Agradecer ao escritor que sempre está a nosa disposición para ilustrarnos co seu saber e conducirnos ao suspense das historias da novela negra e policial.

A conexión co alumnada faise patente cada vez que nos agasalla coa súa presencia.