Viaxe literaria a Cambados

O día 14 de marzo, o Club de Lectura viaxa a Cambados para facer o roteiro literario do libro Bícame Frank.

Está previsto un encontro co escritor Miguel Anxo Fernández, así como percorrer as rúas da vila de Cambados seguindo as páxinas do libro que lemos.

Igualmente visitaremos a casa de Ramón Cabanillas e faremos in situ un pequeno recital poético.

Estamos entusiasmados. Viaxamos dous autobuses.

Historia, literatura, arte, lendas... á volta colgaremos fotos e vivencias nesta páxina.