Viaxe literaria de Don Quijote

Unha vez máis regresamos ao instituto cargados de algo moi especial: faíscas quixotescas que se nos quedaron enguedelladas nas mans e na alma. Non podería ser doutro xeito despois de pasar por Alcalá de Henares, Toledo, Consuegra, Puerto Lápice, Argamasilla de Alba, Toboso e Campo de Criptana.

Xa levamos acá unha semana, pero os nosos ollos aínda están focalizando a casa de Cervantes, o corral de comedias de Alcalá, as rúas máxicas e misteriosas de Toledo, os muiños de vento, a Cueva de Medrano, a casa de Dulcinea...tantas cousas visitamos que da vertixe... tantas cousas lemos... os romances do Cerco de Zamora, as rimas de Bécquer, textos do Quijote...tantas lendas escoitamos...empezamos en Allariz coa historia de Romasanta, o home lobo, seguimos polo serial de lendas que se agochan na Lagoa de Antela, paralelas ás do Lago de Sanabria, para rematar nas lendas de Toledo en xeral e  nas de Bécquer en particular. Tamén desempolvamos todas as curiosidades  e historias de Toledo que están contidas no último libro que lemos, Lo que encontré bajo el sofá. Non tedes máis que ir ao enlace do noso “caderno de viaxe

Con todo, o mellor non foi todo isto, o mellor foi Raquel Queizás, unha muller especialísima que se transformaba en Melibea en calquera parte para dramatizar textos do Quixote. E non só iso, nós tamén faciamos teatro con ela. Caracterizábanos nun “plis”, e, ala! a quixotear! Non o podedes imaxinar, “teatramos” en plena rúa as catro da tarde, en Alcalá, nos muiños de vento ás once da mañán, na Venta de Don Quijote despois de xantar, no corral de comedias, na praza do Toboso... marabilloso. Causabamos pasmo alá onde iamos. Se tendes curiodidade mirade as nosas fotos.

Por último agradecer á Asociación de Pais a súa colaboración, así como a Dirección do instituto e a todos aqueles profesores que sempre están dispostos a botar unha man.

Graciñas.

Preparando xa a do próximo curso…