CONCURSO: Nome e logo para o club de lectura

BASES DO CONCURSO

Participantes:

Poderá participar todo o alumnado do IES Universidade Laboral matriculado no centro durante o presente curso 2016-2017.

Presentación de propostas:

O alumnado participante terá que propor un nome e un logo para o clube de lectura. (En relación ao logo, pódese traballar sobre o logo que xa existe,  ou propoñer un logo completamente diferente).

Presentaráse en formato dixital enviando as propostas ao mail: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

ou físicamente no departamento  de lingua e literatura castelá.

A data límite para a presentación dos traballos será o 11 de xaneiro. 

Xurado:

O xurado estará composto por alumnado do clube de lectura e profesorado dos departamentos de linguas e debuxo.

As  mellores propostas elixidas polo xurado (ata un máximo de 10) serán colgadas na web http://iesulclubdelectura.blogspot.com.es/

O alumnado terá que votar aquela que considere mellor. Aquela que reciba máis votos durante 15 días será elixida a gañadora, de forma que vós seredes o xurado final.

Premios:

O/A alumno/a gañador/a recibirá dúas entradas para os cines do centro comercial Ponte Vella.

ANÍMATE A PARTICIPAR!