Desde hai anos o noso IES está a desenvolver un proxecto de formación profesional no que fomos pioneiros en Galicia. Trátase da Formación Profesional DUAL, que comezou a impartirse na nosa Comunidade no ano 2013.
A FP DUAL combina a formación profesional no centro educativo e nunha empresa de maneira conxunta, ao igual que se fai noutros paises europeos avanzados. No noso caso para o curso que ven ofertamos dous ciclos formativos:
- Ciclo Medio en Carrozaría (en colaboración coa empresa UNVI)
- Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial (en colaboración coa empresa GAESA)
Se desexas máis información descarga o noso folleto informativo:
Tamén podes asistir á xornada informativa que realizamos no IES tódolos anos a finais de xuño (informarase a través da web). Ou informarte na web da Consellería.
Se optas por esta modalidade, formaraste obterás a titulación oficial de Formación Profesional ao mesmo tempo que traballas nunha empresa e recibes unha remuneración.
A Universidade Laboral está unida ao Centro Residencial Docente, polo que se resides fóra do Concello de Ourense existe a posibilidade de solicitar praza de residencia neste centro. Folleto informativo do CRD
E se che preocupa onde residir bota unha ollada ao Centro Residencial Docente que se atopa situado dentro do noso recinto. E non te esquezas de consultar as datas para solicitar praza.
![]() |
![]() |