No curso 2020/21 realizáronse as seguintes obras e actuacións de mellora do IES:
- Instaláronse portas exteriores automáticas nas tres entradas do IES (principal, porta do medio e porta debaixo da pasarela).
- Habilitouse un segundo cuarto da limpeza ao carón do laboratorio de ciencias do IES.
- Realizáronse obras no campo de hockey: saneamento da zona lateral de detrás da portería eliminando a auga que nace alí cun pozo de descarga e colocación dun novo balado polo deterioro do anterior.
- Adquiriuse un novo torno para o taller de Mecatrónica tendo nese curso xa 4 operativos con este.
- Na zona da entrada (zona de recreo de 1º e 2º de ESO instalouse un pasamáns de seguridade na baixada ás cociñas.
- Colocáronse moitos contedores de lixo no exterior.
- Cambiouse toda a iluminación exterior do recinto con novos focos led, conseguindo máis iluminación para aumentar a seguridade polas noites. Tamén se cambiou a led os xa existentes.
- Realizáronse importantes obras de reparación do sistema de calefacción: refibrado dos dous depósitos existentes porque tiñan numerosas fugas.
- Realizáronse obras de mellora da secretaría do IES, habilitando unha entrada independente e un mostrador.
- Instalouse un elevador para minusválidos, dúas rampas de minusválidos, unha para acceso ao comedor e outra para acceso á zona de artes. Construíronse dous aseos de minusválidos novos, un na planta superior e outro na inferior.
- Remodeláronse por completo os aseos masculino e feminino da planta inferior e o masculino da superior (cinco en total contando os de minusválidos).
- Pasáronse as seguintes revisións obrigatorias por lexislación: de combustión das catro caldeiras de calefacción, de estanqueidade dos depósitos de calefacción, da acometida eléctrica, e a OCA de baixa tensión.
- Realizouse unha ampliación das aulas de artes: a aula 4 ampliou a súa capacidade ao unila cuns antigos baños. Remodelouse por completo. Remodeláronse por completo os aseos de artes.
- Habilitouse unha pequena zona en artes con fregadeiro e lavalouzas para utilizar nos eventos e actividades extraescolares.
- Remodelouse o almacén da zona de artes.
- Creouse un aula TIC para o profesorado con todos os recursos necesarios nunha antiga sala de titorías en desuso.
- Construíuse unha nova aula para o Ciclo de Carrozaría. Anteriormente non dispuñan de ningunha.
- Construíuse un novo departamento para Automoción dotado de recursos informáticos.
- Construíuse un novo taller para a FP Básica nunha ampliación dos existentes. Conta con todo o equipamento necesario.
- Adaptouse a antiga capela primeiro como aula de desdoble e para o curso 2022/23 será ludoteca.
- Adaptouse e rehabilitouse por completo un antigo almacén en desuso como aula de AL.
- Reformáronse parcialmente as dúas aulas de PT e unha de desdoble.
- Instaláronse novos pasamáns na zona da entrada e na zona dos depósitos de calefacción de FP.
- Instalouse nova sinalización vertical no recinto.
- Realizouse un cableado completo do IES para preparar o centro para instalación de cámaras de seguridade, porteiros automáticos e novo sistema de alarma.
- Instaláronse tres lavadeiros de mans de aceiro inoxidable con grifos e dispensadores automáticos nas tres entradas do IES.
- Acabáronse de instalar Proxectores e ordenadores en todas as aulas, incluídas as de desdobles.