Get Adobe Flash player

Rematadas as obras de renovación e mellora do polideportivo, por fin xa podemos disfrutar del desde a semana pasada. Novos vestiarios, novos ventanais e unha nova aula.

As obras foron longas porque a Universidade Laboral é un dos edificios singulares de Galicia e foi preciso respectar a mesma estructura exterior do ano de construcción (o ano 75), o que levou o seu tempo. Pero xa o temos listo e mereceu a pena a espera. Polas mañás será de uso do IES, e polas tardes do alumnado do Centro Residencial e tamén farán uso del distintas federacións deportivas.

Un día como este merecía dun acto un tanto especial, por iso agradecemos ao Club Ourense Baloncesto (COB) que o luns 5 de febreiro se achegara co seu presidente, adestrador e con dous dos seus xogadores máis especiais: o lituano Mindaugas Kacinas (2,04 m. de altura), que chegou a xogar na ACB, e sobre todo causou sensación pola súa estatura Romaro Gill (2,18 m. de altura). Asegúrovos que tivo que entrar agachado no tunel de vestiarios porque pegaba coa cabeza no teito...

Tamén nos acompañaron o Xefe territorial de Educación, Rubén Sampedro, e o de Deportes, Manuel Pérez, entre outros.

Hobo tiros libres, triples, e concurso de tiros entre Mindaugas na liña de triples e Marcos Meire Cid de 2º ESO D desde a de persoais. Como non... gañou Marcos e levou unha bufanda de agasallo.

Ver a galería de fotos.

¿Que materias non se van impartir?

Móbiles prohibidos

Actividades Extraescolares

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Contador de visitas

4208048
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
1331
5686
7017
4093122
28167
49090
4208048

A túa IP: 35.174.62.162
Data e hora: 2024-04-15 08:20:50

¿Quen está en liña?

Temos 154 anónimos e ningún membro en liña