A Consellería de Educación acaba de recoñecer o traballo que viña desenvolvendo a nosa Aula Medioambiental, concedéndonos o recoñecemento dela coma "Club de Ciencia".
Este recoñecemento oficial daralles a posibilidade tamén de realizar máis actividades das que viñan realizando hasta esta data e seguir traballando aínda máis na educación medioambiental a través do noso contorno.
O seguro escolar pode dar dereito a:
- Unha prestación sanitaria en caso de accidente escolar
- Unha prestación económica en determinados casos. Máis información
Quén debe aboar a cota do Seguro Escolar?
- Todo o alumnado menor de 28 anos que se matricule en 3º ou 4º de ESO, Bacharelato, Formación Profesional ou FP Básica.
Cándo hai que aboar a cota do Seguro Escolar?
- No momento de formalizar a matrícula
Cánto hai que aboar?
- 1,12 €
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria puxo en marcha hai moitos anos, o programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.
¿Qué deben facer as familias que se atopen neste caso?
- Descargar o formulario e entregalo asinado no IES
- Acompañar á solicitude os informes médicos da patoloxía do alumno/a, incluíndo nel a medicación que sexa necesaria administrar no caso de crises agudas.
A Asociación de Nais e Pais do IES Universidade Laboral ven de colaborar económicamente no acto do magosto, e pronto dará o seu apoio para as actividades de teatro e a viaxe que os alumnos do club de lectura farán a Valencia. Tamén está traballando para ofrecer actividades propias ao noso alumnado, dentro do horario escolar. Por iso é fundamental que os pais e nais presten o seu apoio económico e os que podan se presten a colaborar con ela.
Se aínda non pertencedes a ela e queredes facelo, estes son os datos
Teléfono: 630626767
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Nº de Conta para os ingresos: ES09 2080 5254 8830 4000 2539
Cota anual por familia: 15 Euros
O IES Universidade Laboral conta coa ferramenta TokApp School, coa que se pode enviar mensaxes a pais, nais ou alumnado do centro, mediante o sistema que elixa: WhatsApp, SMS ou correo electrónico. Páxina de rexistro
Con TokApp School dispoñemos da posibilidade de enviar información de reunións, eventos, incidencias, faltas de asistencia, etc.
A información enviada chega directamente ao teléfono dos destinatarios ou ao seu correo electrónico. Páxina da aplicación
Para poder disfrutar de tódalas vantaxes que pode proporcionar TokApp School descarga no teu teléfono móbil a App.
Tamén podes escanear o código QR para descargar a aplicación no teu smartphone
A Universidade Laboral conta coa ferramenta abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
- Acceder aos datos persoais dos seus fillos/as
- Consultar as cualificacións
- Consultar e recibir información das faltas de asistencia dos seus fillos/as de maneira instantánea
- Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
- Recibir notificacións de incidencias do alumnado na aula
Xa foron actualizados os enlaces cos titores/as, e xa podedes contactar con eles/as a través desta páxina web.
Recordade que tedes que elixir un titor/a no menú da parte da dereita que leva ese título.
Cando contactedes co titor/a non esquezades indicar o voso nome e o voso correo electrónico, para que vos poda contestar.
Para pedir cita cos titores pode pedirse a través deste medio, do propio alumno ou chamando ao teléfono do centro 988788486
RESERVA DE PRAZA CURSO 2021 / 22
Quen pode reservar praza?
O alumnado dos centros adscritos á Universidade Laboral: CEIP de Mariñamansa, CEIP de Seixalvo, CPR San Pío X, CEIP Amadeo Barroso que teña previsto matricularse no noso IES o vindeiro curso 2021/22 en 1º de ESO.
O alumnado que non sexa de centros adscritos e pretenda cursar estudos neste centro deberá acollerse ao disposto no proceso de admisión que se publicará máis adiante |
Prazos
Do 11 de xaneiro ó 8 de febreiro de 2021, ambos incluídos.
Documentación
Documentación que debe entregarse no centro onde cursa estudos actualmente:
- Anexo I atallo
- Só no caso de non autorizar a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos intersados e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
A listaxe definitiva de solicitudes de centros adscritos publicarase no taboleiro de anuncios de cada centro adscrito.