Informe da Dirección:
Chegamos á metade de curso e queremos informar a toda a comunidade educativa que os casos positivos de covid19 recollidos no noso centro dede comezos de curso foron casos nos que os contaxios se produciron fóra del, e os afectados sempre regresaron ao centro unha vez recuperados da enfermidade. Seguimos sen ter coñecemento de ningún caso de contaxio dentro do propio IES.
Levamos desde o día 1 de febreiro sen ter coñecemento de ningún alumno/a positivo, polo que semella que a situación vaise normalizando pouco a pouco e as clases estanse impartindo con normalidade.
As medidas hixiénicas e organizativas adoptadas por mor da pandemia que estamos a sufrir semellan polo momento ser eficaces:
- Ventilación continua durante toda a mañá
- Uso da máscara en todo momento
- Separación do alumnado en tres zonas diferentes
- Lavado de mans obrigatorio dúas veces pola mañá
- Desinfección diaria e dispensadores de hidroxel en tódalas aulas
- Distancia social e liñas de dirección dentro do edificio
- Prohibición de abandonar o recinto nos recreos e limitación das visitas ao IES
Seguimos en tódolos casos as instrucción que nos van chegando de sanidade.
Pregamos ás familias e alumnado que sigan mantendo as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias para continuar nesta liña.
Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).
Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.
Radar COVID ademais permite:
- Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
- Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto
Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.
Estes días tamén podes consultar o blog da nosa Biblioteca. Nel os profesores/as colaboradores van colocando multitude de recursos e enlaces a bibliotecas virtuais para poder ler sen ter que pagar un euro.
Iso sí, tede coidado porque a lectura perxudica gravemente a ignorancia
Desde a Universidade Laboral non queremos causar alarma entre a comunidade educativa, pero tivemos que tomar algunhas medidas preventivas para evitar no posible que se poidan producir contaxios de enfermidades infecciosas:
- Procedemos a prestar especial atención no que se refire ao material hixiénico. Diariamente revisamos que non falte xabón en tódolos aseos do centro e nos lavadeiros de mans. Colocamps dispensadores de xel en tódalas aulas do IES.
- Tivemos que suspender ata novo aviso todo tipo de actividades extraescolares salvo aquelas nas que se poida manter en todo momento a distancia de seguridade.
- Colocáronse carteis en diferentes zonas do IES con información para recoñecer os síntomas da enfermidade e cos teléfonos aos que chamar se se sospeita ter a enfermidade. Tamén se colocaron carteis relativos á hixiene de mans.
- Procedemos a crear un protocolo específico con normas de obrigado cumprimento para o alumnado dentro da xornada escolar.
- Procedemos a crear un protocolo específico con normas para o profesorado no caso se advertira que algún alumno/a ou eles mesmos tiveran os síntomas da enfermidade.
As MEDIDAS A TOMAR EN CASO DE INFECCIÓN RESPIRATORIA seguen a ser as mesmas que que se recomendan habitualmente:
- LAVAR AS MANS FRECUENTEMENTE con auga e xabón (non necesariamente solucións alcohólicas).
- Ó TOSER OU ESBIRRAR TAPAR A BOCA E O NARIZ cun pano desbotable ou coa flexura do cóbado (non coa man). Ademais, evitar frotar nariz, boca e ollos.
- NON MANTER CONTACTO FÍSICO ESTREITO INNECESARIO (non dar a man nin bicos).
- No caso de febre e/ou malestar xeral importante non acudir ao Instituto, senon descansar no domicilio e inxerir abundante auga. Poñerse en contacto co médico/a e esperar instruccións del.
Para acceder ás aulas do IES por calquera das tres entradas habilitadas é obrigatorio lavar as mans con xabón. O frotado debe durar un mínimo de 20 segundos. Isto é o máis importante.
A Universidade Laboral acaba de ser seleccionada para a posta en marcha de accións de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos en réxime de concorrencia competitiva, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
Concretamente concedéronos a Liña 2 para 1º de ESO, e ten por obxecto apoiar e reforzar o alumnado para o desenvolvemento das competencias clave e mellora dos resultados académicos (que presente especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia aprender a aprender e a competencias sociais e cívicas).
Suporá que en breve incorporaremos ao noso cadro de persoal un novo/a profesor/a de Pedagoxía Terapeutica que se suma ás outras profesoras que chegaron hai pouco ao abeiro doutros proxectos europeos (a profesora que imparte docencia no PROA polas tardes e apoio polas mañás, e a segunda orientadora que xa leva máis dun mes reforzando o noso Departamento de Orientación).
A Consellería de Educación acaba de recoñecer o traballo que viña desenvolvendo o noso Departamento de Tecnoloxía ao concedernos o recoñecemento da nosa "Aula Maker". Este curso escolar somos o único centro da provincia que o obtén.
Isto vai significar que chegue moito material de carácter técnolóxico ao centro (material para impresión 3D, robótica, etc). Hai varios profesores do IES que xa están completando a súa formación para poder traballar con todo isto e aplicalo nas súas clases.
Noraboa a todos os que o fixestes posible.
Prazo de solicitude ordinaria: do 22 de febreiro ao 8 de marzo de 2021.
Prazo de solicitude extraordinaria: do 22 de xuño ao 5 de xullo de 2020.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Xunto coa solicitude deberase presentar xustificante para a Administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas, validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso