Xa foi publicada a listaxe de alumnado de ESO beneficiario de máscaras. Pódese consultar no taboleiro de anuncios ao carón de conserxería.
Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Alumnado: Todos os cursos de ESO.
Alumnado que pode solicitar a axuda:
1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar
2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Presentación de solicitudes: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que estean na situación do punto 2 do apartado anterior deberán cubrir os Anexos I e II e entregalos na secretaría do centro.
Anexos I e II : Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.
Prazo: dende o 16 de novembro ata o 27 de novembro 2020.
Normativa: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)
Afortunadamente non tódalas actividades extraescolares quedaron suspendidas no nosos IES. Permanecen aquelas que se poden realizar ao aire libre, nas que poidamos manter a distancia de seguridade e que ademaís se podan visitar a pé.
Así pois o noso alumnado da optativa de 1º de ESO de Sustentabilidade e Paisaxe, visitou a exposiciòn fotografica XÉNESE, de Sebastiaõ Salgado. Unha mañá na que puideron viaxar a lonxanas e maravillosas paisaxes da Terra, e comprender a necesidade de preservalas. Foto tras foto cada un elixiu as súas favoritas, anotando no seu caderno de campo as impresiòns experimentadas. Completamos a xornada nos Xardíns do Posío, con parada para o bocadillo e a froita, e aproveitando cada momento para observar as aves e a diversidade de árbores que nos rodean.
Unha mañá de camiñatas e chea de experiencias compartidas.
En datas recentes o Conselleiro de educación presentou o "Plan de ensino virtual ante a Covid-19". Este plan impón aos centros escolares a elaboración duns novos horarios que serán os que se seguerán no caso de que chegue a confinarse un aula completa, un grupo de aulas ou todo un centro educativo.
Eses horarios chamados "horarios espello" seguen o mesmo marco horario que os que temos habitualmente no IES coa diferenza de que o 60% do tempo vai consistir nunha videoconferencia do profesor/a, e o 40% restante será traballo proposto na aula virtual.
Neses casos o profesorado pasará lista como o ven facendo normalmente no IES, e as ausencias apuntaranse no sistema Abalar.
Eses horarios pódense consultar no menú da dereita "horarios de ensino a distancia"
Informe da Dirección:
Pasado o primeiro trimestre do curso, este discurriu con certa normalidade. As medidas hixiénicas e organizativas adoptadas por mor da pandemia que estamos a sufrir semellan polo momento ser eficaces:
- Ventilación continua durante toda a mañá
- Uso da máscara en todo momento
- Separación do alumnado en tres zonas diferentes
- Lavado de mans obrigatorio dúas veces pola mañá
- Desinfección diaria e dispensadores de hidroxel en tódalas aulas
- Distancia social e liñas de dirección dentro do edificio
- Prohibición de abandonar o recinto nos recreos e limitación das visitas ao IES
Só tivemos coñecemento dalgúns casos positivos (non pasan de dez) que se produciron no ámbito familiar pero non houbo ningún contaxio dentro do IES, e sanidade non deu instrucións de confinamento de ningunha aula.
Pregamos ás familias e alumnado que sigan mantendo as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias para continuar nesta liña.
Quédanos un segundo trimestre moi difícil polas condicións climatolóxicas e a necesidade de ventilación, por iso pedimos a toda a comunidade educativa que extremen as medidas ata que a vacina chegue a toda a poboación e poidamos retomar a normalidade nos centros educativos.