Informamos dun cambio, con respecto ao curso pasado, no referido ao uso dos teléfonos móbiles no centro.
O artigo 16, apartado b) da lei 4/2011, e o artigo 19, punto 4 do decreto 8/2015, din:
"Prohíbese o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante os períodos lectivos. Excepcionalmente, os centros poderán establecer normas para a correcta utilización como ferramenta pedagóxica".
O claustro de profesorado en sesión extraordinaria do 11 de setembro de 2011 aprobou que, o incumprimento desta norma (incluído telo gardado pero encendido), conlevará as seguintes sancións:
- Primeira vez: Amoestación verbal e anotación no XADE por parte do profesor que observou a falta.
- Segunda vez: Sanción anterior á que se engaden tres días de tarefas de limpeza definida por Xefatura de estudos.
- Terceira vez: Sanción anterior á que se engaden dúas semanas sen participar en ningunha actividade extraescolar. (Próxima actividade extraescolar se non houbese nas seguintes dúas semanas) No caso de que ésta xa estivese pagada, non se devolverán os cartos.
- Reiteración (4ª vez): Tres días de expulsión do centro.
No que se refire á ESO e FP Básica, esta prohibición inclúe toda a xornada escolar e todos os lugares (incluídos recreos e tempos de lecer). En bacharelato e Ciclos Formativos esta medida só afecta ao interior do IES.
Esperamos que esta medida axude a mellorar o clima de convivencia no centro para o cal pedimos a súa colaboración.
Xa tedes no menú da dereita para consulta diaria, aquelas materias que non se van impartir, por ausencia do profesor/a respectivo/a, e que serán atendidas polo profesorado de garda.
Os usuarios que teñen dereito ao servizo de comedor escolar deben solicitalo entregando o formulario de solicitude cumplimentado na secretaría do IES antes do comezo do curso escolar.
Pode descargarse da aula virtual no apartado dedicado aos formularios de matrícula, ou no enlace seguinte:
Foi actualizada a lista de libros de texto. No caso das materias que non teñen asignado libro de texto, hai que esperar ao comezo de curso e seguir as indicacións do profesor/a. Recomendamos que se revisen os libros adquiridos para que se axusten á lista seguinte relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2023-24:
Recomendamos a todo o alumnado que merquen os libros nun establecemento que permita facer algún cambio se o libro comprado non é o correcto e, sobre todo, recomendamos que non se lle poña o nome ou forro antes da primeira clase, por se é preciso cambialo posteriormente por erro á hora de comprar.
ENLACE PARA DESCARGAR OS FORMULARIOS DE MATRÍCULA
O mércores 21 de xuño rematan as clases no curso 2022/23. A publicación das cualificacións en Abalar será o venres 23 ás 22 horas, e a entrega dos boletíns en papel realizarase o luns 26 ás 11 horas nas respectivas aulas (a excepción de 2º Bacharelato de Artes, por mor das oposicións que se están a realizar no centro. Entregaranse en secretaría)
Para matricularse primeiro hai que cumprimentar na casa os formularios de matrícula e acudir logo á secretaría só cando se teñen todos eles cubertos e toda a documentación completa, para evitar aglomeracións.
Prazos para realizar a matrícula:
- ESO e Bacharelato: Do 23 de xuño ó 7 de xullo.
- 1º Ciclos Formativos: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Primeira adxudicación o 19 de xullo. Ver calendario detallado na web.
- 2º Ciclos Formativos e 2º FP Básica: Entregar folla de matrícula (na secretaría do centro) ata o 5 de xullo ás 13 horas..
- Curso de especialización en FP: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Publicación de adxudicación de prazas o 19 de xullo. Matriculación do 19 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
- FP DUAL: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Período de selección pola empresa, do 11 o 14 de xullo ás 12:00 horas. Publicación de prazas adxudicadas o 17 de xullo. Matrícula do 18 de xullo ás 9:00 horas ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
- 1º FP Básica: O centro de orixe debe ter cargada a solicitude de admisión e matrícula na aplicación ciclosadmisión. O prazo é do 26 de xuño ata as 13:00 horas do 6 de xullo. O 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos. O día 24 de xullo a listaxe definitiva e matrícula desde ese día.
A matrícula poderá realizarse utilizando calquera dos seguintes procedementos:
- Acceder á aula virtual do IES. Descargar, cumplimentar e imprimir no propio domicilio os impresos de matrícula (O ENLACE ESTÁ AO PRINCIPIO DESTA NOTICIA). Recoller o sobre en conserxería. Asinar todo e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación na secretaría do IES. Para poder cumplimentar os formularios neste caso é imprescincible descargalos previamente no ordenador, para poder editalos e escribir sobre eles, logo imprimilos.
-
Acudir ao IES para recoller todos os formularios de matrícula en papel no Hall do IES, cumplimentar os impresos de matrícula, asinalos e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación indicada no sobre na secretaría do IES. Neste último caso hai un pequeno custe polas fotocopias.
Enlaces de interese e información da Formación Profesional:
Os rapaces máis maiores do Club de Lectura estiveron esta semana en Lisboa. Aquí tedes o vídeo da viaxe:
O obxectivo fundamental deste concurso é achegar ao alumnado ás materias STEM, máis concretamente nos estudos de tecnoloxía e enxeñaría. Preténdese promover a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos.
O concurso está dirixido ao alumnado de ESO, preferentemente de 1º e 2º, pero poderanse ampliar a participación de grupos en función da dispoñibilidade de robots. Cada alumno só poderá formar parte dun equipo.
Preguntade ao profesorado de Tecnoloxía.
Amplíase o prazo para enviar as vosas cancións a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Recordade enviar tamién un PDF co texto da canción.
O venres 9 de xuño celebramos a tan esperada graduación do alumnado de 2º de bacharelato, esta vez no auditorio municipal. Unha tarde chea de recordos e de emocións.
Logo do sufrimento das ABAU para algúns, agora ven o merecido descanso. Outros teredes que esperar un chisquño máis a eses exames finais de xuño e ás ABAU da extraordinaria, pero pouco queda xa.
A todos os que despedimos ese día, desexámosvos boa viaxe nesta nova etapa da vosa vida que estades a piques de iniciar. E recordade que aquí deixades moita xente que vos aprecia, así que mantédenos informados cada certo tempo de como vos vaia a vida.
O alumnado de Economía de 4°ESO e 1° Bacharelato tiveron unha saída á Coruña para visitar o Banco de España, onde puideron observar de primeira man o seu funcionamento e coñecer moitas curiosidades sobre o diñeiro.
Tamén aproveitaron para visitar o Domus, a Casa das Ciencias, ademais de facer un tour pola cidade, ir á praia ou realizar compras.
Viaxe a Barcelona do club de lectura da Laboral.
O alumnado do Club de lectura de 3° e 4° ESO, realizaron unha viaxe cultural a Barcelona. No camiño tamén visitaron Zaragoza, e na propia cidade condal o Park Güell, o barrio Gótico, logo foron a Salou, Portaventura, á vila olímpica, á Sagrada Familia, e de regreso a Burgos.
Tiveron un encontro co escritor Guillen Sala moi interesante e cunha chea de reflexións.