Este ano o noso IES participa no ProxectoTERRA. ProxectoTERRA é un proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos. Trata de crear poboación crítica e propositiva sobre o noso medio construído para acadar unhas mellores condicións de vida para todas as persoas, atendendo á premisa do Dereito ao Hábitat.
Enmarcado neste proxecto, hoxe desenvolvemos unha Sementeira en 1º de ESO dirixida por Patricia G. Abraín, de Createctura, onde os nosos rapaces e rapazas desmontaron elementos tecnolóxicos obsoletos para deseñar e construir, dende a súa imaxinación, unha cidade de refugallos.
Podedes ver algunas das creación na galería de fotos.
O martes 21 de novembro alumnado da materia de Literatura Universal participou nas tertulias literarias de Allariz xunto con outros centros educativos da provincia. A xornada comezou pola mañá nun roteiro pola vila de Allariz da man de Ánxeles Álvarez e a propia autora Alba Guzmán. Pola tarde realizáronse as tertulias e a tradicional entrevista na radio de Allariz. Finalmente, os participantes puderon preguntar a autora todas as súas inquedanzas e conseguir o libro asinado.
Moitas grazas a todos por participar e colaborar no concurso de cabazas e de historias espantosas. O traballo foi incrible! Sodes uns artistas!!
O mércores 15 de novembro o alumnado de 4º de ESO C de Economía asistiu a unha actividade de "cata de aceite", organizada polo IES do Ribeiro e o Concello de Ourense. Foi no antigo edificio do Banco de España na rúa do paseo.
Nela aprendemos moitas curiosidades relacionadas con este alimento e as súas propiedades, as variedades galegas e de fóra. Puidemos realizar tamén unha actividade de cata de diferentes variedades...
Moitas gracias ao IES O Ribeiro, especialmente ao profesorado do departamento de Industrias alimentarias e ao alumnado do Ciclo Formativo de Grao Medio de Aceites de Oliva e Viños que traballaron para que todo saíra moi ben.
Durante toda a xornada do luns 13 de novembro celebramos no noso centro o Día da Ciencia. Un grupo diverso de alumnos/as , coa colaboración dos departamentos de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e mecatrónica, presentaron ao alumnado de cada clase de 1º e 2º da ESO unha serie de actividades e proxectos relacionados con diversos campos da ciencia.
Viron funcionar unha impresora 3D, insectos co microscopio, cálculo de probabilidades con grans de arroz, utilidades da papiroflexia, prototipos de futuras máquinas de reciclaxe, ilusións ópticas, cómo extraer auga dun pozo sen electricidade, cómo adiviñar números coñecendo as súas propiedades....
Unha estupenda xornada para aprender e divertirse gracias ás ciencias.
GALERÍA FOTOGRÁFICA dos diferentes postos e da actividade.
O noso IES solicitara como día o centro o 20 de maio de 2024, ao igual que moitos outros centros da cidade. Con posterioridade recibimos instruccións da CIUG que ese día tiña que ser lectivo por mor das probas de acceso á Universidade. Por tanto o luns 20 de maio de 2024 si que haberá clases (modificado xa o calendario escolar).
Temos polo tanto pendente de solicitar outro día, e que este sexa aprobado pola Xefatura Territorial de Educación. Informarase cando teñamos a información precisa.
A aula de emprendemento organizou unha visita á empresa DaVeiga (galletas Mariñeira) en Chantada, onde os alumnos de 2° curso de Ciclos Formativos puideron coñecer o proceso de creación.
Tamén coñeceron a misión da empresa, plasmada na súa responsabilidade corporativa. Razóns que a convirten nun referente de economía social.