A Federación Galega de Hockei foi nomeada pola Real Federación Española de Hockey para a organización da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 masculino e Feminino, a celebrar os días 26, 27 y 28 de febreiro de 2021 no campo da Universidade Laboral.
A Universidade Laboral e o Centro Residencial Docente van colaborar na organización do evento.
O venres 26 xa hai partidos pola mañá polo que os usuarios do recinto escolar, no recreo, poderedes observar como é esta práctica deportiva. O sábado e domingo recordade que non se pode acceder ao recinto xa que este permanecerá pechado, e ademais tratarse dunha competición sen público.
Alí estarán tamén as nosas seleccións masculina e especialmente a feminina (actual campiona de España) que vai tentar defender o título acadado o ano pasado en Andalucía.
Os patidos serán televisados por youtube. Enlace:
https://www.youtube.com/channel/UCNLfbFrJqddVYithUjsjS8A?reload=9
Noticias sobre este tema:
O IES Universidade Laboral de Ourense ven de firmar este pasado 3 de febreiro un convenio de colaboración coa empresa Sistemista e Instaladora Teula Sistemas S.L. mediante o cal o Ciclo de Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos recibirá a cesión de equipos de calefacción e ACS para o seu estudo e análise co fin de mellorar os coñecementos do alumnado sobre equipos existentes no mercado relativos á xeración de calor e instalacións térmicas. A empresa Teula Sistemas S.L. representada por un dos seus xerentes Pablo Docampo, fixo unha visita ás instalacións do IES Universidade Laboral e mostrouse moi satisfeito con dita colaboración e a posibilidade de aportar valor no desenrolo didáctico neste curso 2020-2021.
O IES Universidade Laboral e o Centro Residencial Docente compartimos edificio desde hai moitos anos. Nos dous centros existían desde o ano 1992 multitude de rampas que facilitaban o acceso a varias zonas dos dous edificios, pero seguían existindo moitos obstáculos insalvables e zonas de imposible acceso para unha persoa de movilidade reducida.
As obras necesarias para humanizar os nosos centros eran ambiciosas. Comezamos con elas dun xeito coordinado hai xa case un ano. O Centro Residencial instalou un ascensor e un elevador, e pola súa parte o IES instalou un elevador, duas rampas en zonas nas que existían escaleiras e construíronse dous aseos para minusválidos.
Con todo isto quedan os dous centros unidos sen barreiras arquitectónicas e listos para que calquera persoa con movilidade reducida poda residir no Centro Residencial e cursar ESO ou calquera dos Bacharelatos (incluído o de Artes) no noso IES.
Un logro que levábamos anos tentando conseguir.
Na imaxe podemos ver o elevador acristalado situado na zona do salón de actos.
O Ciclo Medio de Carrozaría leva implantado no noso centro hai xa moitos anos, e con moito éxito; debido a que ten un elevado grao de empleabilidade. Os alumnos e as alumnas que o rematan atopan traballo moi pronto.
Contaba desde os seus inicios cun espazo de taller propio, pero nunca dispuxo dunha aula propia. Os alumnos deste ciclo sempre tiñan que compartir aula con outros ciclos o que sempre lles creou certa incomodidade.
No mes de novembro pasado iniciouse a construcción da nova aula de carrozaría. As obras foron a bo ritmo e xa está en uso desde a volta de vacacións no mes de xaneiro.
Trátase dunha instalación moderna e con sistema de ventilación propia.
Xa foi publicada a listaxe de alumnado de ESO beneficiario de máscaras. Pódese consultar no taboleiro de anuncios ao carón de conserxería.
Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Alumnado: Todos os cursos de ESO.
Alumnado que pode solicitar a axuda:
1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar
2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Presentación de solicitudes: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que estean na situación do punto 2 do apartado anterior deberán cubrir os Anexos I e II e entregalos na secretaría do centro.
Anexos I e II : Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.
Prazo: dende o 16 de novembro ata o 27 de novembro 2020.
Normativa: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)
Afortunadamente non tódalas actividades extraescolares quedaron suspendidas no nosos IES. Permanecen aquelas que se poden realizar ao aire libre, nas que poidamos manter a distancia de seguridade e que ademaís se podan visitar a pé.
Así pois o noso alumnado da optativa de 1º de ESO de Sustentabilidade e Paisaxe, visitou a exposiciòn fotografica XÉNESE, de Sebastiaõ Salgado. Unha mañá na que puideron viaxar a lonxanas e maravillosas paisaxes da Terra, e comprender a necesidade de preservalas. Foto tras foto cada un elixiu as súas favoritas, anotando no seu caderno de campo as impresiòns experimentadas. Completamos a xornada nos Xardíns do Posío, con parada para o bocadillo e a froita, e aproveitando cada momento para observar as aves e a diversidade de árbores que nos rodean.
Unha mañá de camiñatas e chea de experiencias compartidas.
En datas recentes o Conselleiro de educación presentou o "Plan de ensino virtual ante a Covid-19". Este plan impón aos centros escolares a elaboración duns novos horarios que serán os que se seguerán no caso de que chegue a confinarse un aula completa, un grupo de aulas ou todo un centro educativo.
Eses horarios chamados "horarios espello" seguen o mesmo marco horario que os que temos habitualmente no IES coa diferenza de que o 60% do tempo vai consistir nunha videoconferencia do profesor/a, e o 40% restante será traballo proposto na aula virtual.
Neses casos o profesorado pasará lista como o ven facendo normalmente no IES, e as ausencias apuntaranse no sistema Abalar.
Eses horarios pódense consultar no menú da dereita "horarios de ensino a distancia"