Bolsas para cursar Bacharelato, FP e Universidade
O prazo para solicitar bolsa para o curso 2023-2024 será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
O alumnado interesado deberá solicitala dentro deste prazo, aínda que non saiba o que vai estudar, ou mesmo se vai continuar estudos ou non.
Do 14 ao 16 de marzo levouse a cabo parte do proxecto Erasmus KA122VET do noso centro.
Consistiu nun jobshadowing de profesorado que asistiu ao ETAP de Caminha (Portugal), e puido visitar as aulas, os talleres, e coñecer empresas da zona.
Durante toda esta semana o alumnado de Antropoloxía e Filosofía aistiu as charlas e percorrido da exposición "Etnografía de Galicia, hórreos, cereais e fariñas". Grazas a Arturo Fernández por darnos a coñecer o noso patrimonio, e compartir con nós, xenerosamente, todo que foi recopilando ao longo dos anos.
O noso alumnado de Mecatrónica e do Curso de Especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial visitaron as instalación do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), no Parque Tecnolóxico.
Durante a estancia puidieron ver como se utilizan as máquinas de medición por coordenadas (CMM) e como se realiza unha enxeñería inversa para a inspección e verificación de pezas.
O venres 17 de marzo contamos coa presenza da escritora Marisol Ortiz de Zárate, quen nos falou da súa novela premiada “A canción de Shao-Li”.
Despois da charla a autora tivo ocasión de debatir co alumnado de primeiro de ESO e autografiar exemplares do seu libro.
O IES Universidade Laboral participiou o xoves 16 de marzo con 22 representantes no Canguro Matemático. Unha competición internacional na que os nosos estudantes demostraron os seus coñecementos e destrezas durante 75 minutos de probas de incendio matemático.
Está actividade tamén está enmarcada na semana das Matemáticas, que estamos a celebrar na Laboral co motivo do día 3,14.
O noso alumnado de 2º da ESO de Paisaxe e Sustentabilidade, visitou a lagoa de Cospeito, lugar con varias casetas para a observación de aves. E tamén Sotavento, na montaña de Lugo, onde percorreron tòdalas instalacions a pesares do vento e a choiva, un lugar onde os paraugas non serven de nada. O que serviu foron as gañas de coñecer e experimentar.
Aquí tedes a GALERÍA FOTOGRÁFICA
O martes 14 de marzo entregáronse os premios do 2° "Concurso de poemas e relatos matemáticos" e do 2° "Concurso de resolución de problemas MasterMat" para celebrar o día Pi e día Internacional das matemáticas.
Felicidades aos premiados.