Estes días apareceu un misterioso cartel na entrada do recinto. Terá que ver con algo relacionado con aprender a orientarse?.
Terá que ver con algún tipo de actividade ou xogo para o alumnado?. Teredes que ir mercando unha brúxula e botas de montaña?
Haberá algún misterio que resolver?
Seguimos investigando porque a cousa non está moi clara, pero semella que vai ser interesante...
Para que durante os próximos días busquedes algún obxecto ou concepto relacionado coas mates, o departamento de matemáticas convoca o segundo concurso de fotografía matemática. Animádevos a participar!!
O martes 11 de abril pola tarde, case 90 rapaces e rapazas dos catro cursos da ESO volveron ás aulas para participar no Rally matemático. En grupos de oito cooperaron para resolver cinco problemas un pouquiño diferentes aos que están acostumados... E, como non todo na vida van ser problemas, remataron cunha rica merenda!!
Bolsas para cursar Bacharelato, FP e Universidade
O prazo para solicitar bolsa para o curso 2023-2024 será do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.
O alumnado interesado deberá solicitala dentro deste prazo, aínda que non saiba o que vai estudar, ou mesmo se vai continuar estudos ou non.
Do 14 ao 16 de marzo levouse a cabo parte do proxecto Erasmus KA122VET do noso centro.
Consistiu nun jobshadowing de profesorado que asistiu ao ETAP de Caminha (Portugal), e puido visitar as aulas, os talleres, e coñecer empresas da zona.
Durante toda esta semana o alumnado de Antropoloxía e Filosofía aistiu as charlas e percorrido da exposición "Etnografía de Galicia, hórreos, cereais e fariñas". Grazas a Arturo Fernández por darnos a coñecer o noso patrimonio, e compartir con nós, xenerosamente, todo que foi recopilando ao longo dos anos.
O venres 17 de marzo contamos coa presenza da escritora Marisol Ortiz de Zárate, quen nos falou da súa novela premiada “A canción de Shao-Li”.
Despois da charla a autora tivo ocasión de debatir co alumnado de primeiro de ESO e autografiar exemplares do seu libro.
O noso alumnado de Mecatrónica e do Curso de Especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial visitaron as instalación do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), no Parque Tecnolóxico.
Durante a estancia puidieron ver como se utilizan as máquinas de medición por coordenadas (CMM) e como se realiza unha enxeñería inversa para a inspección e verificación de pezas.