Improvement

Hello and Welcome.

WEB do Profesorado

IES Universidade Laboral de Ourense

Professionalism

Easy to Remember

A Universidade Laboral xa conta coa ferramenta abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 
O profesorado que descargue abalarMóbil, entre outras, vai poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
  • Enviar información das faltas de asistencia aos pais/nais do seu alumnado de maneira instantánea ao seu teléfono móbil
  • Enviar calquera outro tipo de información do seu alumnado de maneira instantánea ao teléfono móbil dos seus pais e nais
  • Recibir xustificacións das faltas de asistencia dos seus titorandos
  • Recibir solicitudes de titoría por parte de pais e nais
Podedes tamén consultar as guías para o profesorado:
Obter en GOOGLE PLAY Obter en APP STORE