A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon en marcha o novo procedemento para a comunicación dos partes de incapacidade temporal (IT) ás xefaturas territoriais así como no seu caso aos servizos centrais.
Deste xeito, desde o día 2 de maio de 2019 será obrigatoria a remisión dos partes de IT (baixa, confirmación e alta) ás xefaturas territoriais correspondentes ou a servizos centrais no caso do persoal que preste servizos nestes, exclusivamente a través da aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/datospersoais
Accedendo á dita aplicación o/a traballador/a cubrirá os datos que alí se lle indican e anexará dixitalizado o parte de baixa, confirmación ou alta nos prazos que de seguido se indican:
- Parte médico de baixa por incapacidade temporal: no prazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
- Parte médico de confirmación da baixa: no prazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
- Parte médico de alta: no prazo das 24 horas seguintes a súa expedición.
Con este nova funcionalidade preténdese facilitar e axilizar a tramitación e comunicación dos partes médicos derivados das situacións de incapacidade temporal e polo tanto non se remitirá ningún orixinal destes partes ao centro educativo así como tampouco ás xefaturas territoriais nin aos servizos centrais.
Publicada a nova orde que regula os permisos e licencias do profesorado. Descargar
A Universidade Laboral xa conta coa ferramenta abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.
- Enviar información das faltas de asistencia aos pais/nais do seu alumnado de maneira instantánea ao seu teléfono móbil
- Enviar calquera outro tipo de información do seu alumnado de maneira instantánea ao teléfono móbil dos seus pais e nais
- Recibir xustificacións das faltas de asistencia dos seus titorandos
- Recibir solicitudes de titoría por parte de pais e nais
- Guía xeral da aplicación: profesorado
- Guía para configurar: titores/as
- Guía para apuntar as faltas de asistencia: profesorado
Obter en GOOGLE PLAY | Obter en APP STORE |
![]() |
![]() |
Acceso a internet: Xa podedes aceder a internet cos vosos ordenadores, tablets, teléfonos móbiles, etc. cando esteades preto da zona Abalar (corredores superior e inferior da ESO). Non se pode acceder á otra rede wifi do IES, por motivos de seguridade.
Debedes configurar os vosos dispositivos segundo as instruccións que se vos indica no manual que podedes descargar neste enlace